ConcellosÚltima hora

A Comunidade de Montes de Casaio, sorprendida polo interese dunha empresa nos residuos de Valborraz

Panorámica das Minas de Valborraz en Casaio (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través do Boletín Oficial da Provincia (BOP) a Comunidade de Montes de Casaio coñecía o interese dunha empresa leonesa por buscar mineral nos residuos xerados polas minas de Valborraz (Casaio, Carballeda de Valdeorras).

Así, o pasado 25 de agosto o BOP publicada un anuncio da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria relativo ao inicio dun expediente de declaración “como recurso da sección B (xacementos de orixe non natural) dos residuos mineiros xerados polas minas de Valborraz”.

Isto sorprendía á Comunidade de Montes de Casaio, con quen ninguén contactou ata agora sobre esta cuestión. “Nin contaron con nós, nin nos pediron permiso, nin falaron con nós para nada. A primeira noticia que tivemos disto saíu do BOP”, indican dende a súa directiva.

Artigos relacionados

Back to top button