Por segundo ano consecutivo, entre as imaxes que forman parte do calendario do proxecto “Ceos Galegos” inclúese unha do fotógrafo barquense Sindo Novoa. Se na do ano 2020, o valdeorrés contaba cunha foto na que lograba capturar o mítico raio verde no solpor xunto á emblemática Torre de Hércules (A Coruña); desta volta trátase da constelación do Arqueiro ou Seteiro. Ademais é unha foto tomada dende o miradoiro estalar das Tablillas na Veiga e coa que se ilustra o mes de marzo.

Este poxecto trata de divulgar astronomía en galego a través dun calendario de gran formato editado con imaxes feitas en Galicia. Ao longo das súas páxinas percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.
