EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

“A Cova da Capitana”, nome e imaxe renovadas para un local con case 50 anos de historia no Barco

Este establecemento de hostalaría reabría as súas portas na tardiña deste 12 de setembro con moita música e unha exposición

 

Numerosas persoas participaban a partir das 20h. deste 12 de setembro no acto inaugural de “A Cova da Capitana”, un establecemento de hostalaría situado na praza José Otero. Este establecemento, con case medio século de historia, rexorde nun novo proxecto impulsado por Pedro Álvarez, artista vilamartinés coñecido no gremio como OrdeCaos.

Aposta por unha imaxe e un nome renovado para un local que abrían décadas atrás os seus avós. Agora el colle o relevo xunto á súa parella cun novo enfoque e estreando unhas instalacións rediseñadas.

 

 

A apertura, na que tamén actuaba o seu avó Bautista coa charanga na que toca, incluía diferentes propostas para o público como unha ampla e colorista exposición de láminas e música en vinilo, entre outras.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button