EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei participa na Feira do Lázaro de Verín

 

O C.R.D.O. Monterrei estará presente, un ano máis, na celebración da Feira do Lázaro que terá lugar esta fin de semana en Verín. O Consello Regulador contará cun espazo propio onde ofrecerá información da denominación, características edafoclimáticas, variedades de uva ou peculiaridades dos brancos e tintos, entre outras cuestións.

Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación. Nesta ocasión estarán presentes ata 38 referencias dun total de 19 adegas de Monterrei. As adegas que forman parte desta iniciativa son: Trasdovento, Abeledos, Ladairo, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazos do Rey, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Franco Basalo (Ronsel do Val) e Manuel Vázquez Losada.

Doutra banda, na xornada do sábado celebrarase a actividade “Sabores con Sostibilidade. Unha viaxe sensorial cos viños da D.O. Monterrei”, ás 13 horas. Será impartida polo director técnico do Consello Regulador, Miguel López, e contará coa colaboración de Begoña Vázquez (O Regueiro da Cova). E xa o domingo, tendo tamén a colaboración de Begoña Vázquez, será a quenda para a iniciativa “Cata Doce de Monterrei”, ás 12.30 horas. Neste caso será realizada por Natalia González, secretaria-técnica de promoción do Consello Regulador.

“A asistencia a esta feira permítenos achegar os viños da denominación aos consumidores máis próximos, estreitar lazos entre público final e sector elaborador, ademais de mostrar as potencialidades dos nosos viños nas diferentes actividades enogastronómicas programadas”, indica Jonatás Gago García, presidente da entidade.

Artigos relacionados

Back to top button