EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei presenta a súa anada 2023 en Madrid

 

A D.O. Monterrei ves de realizar, por primeira vez na súa historia, a presentación da anada en Madrid. nela dábanse cita medios de comunicación e catadoras de restaurantes da capital. A presentación da devandita anada, cualificada fai menos dun mes como “Excelente”, congregou a asistentes como o xornalista Iñaki Gabilondo ou o Master of Wine Pedro Ballesteros, e Abel Valdebebro (El fotógrafo del vino), Ana Eugenia Gómez (redactora de Bodeboca), Juanma Ibañez (director Club de Vinos El País), Manuel Villanueva (director de contidos de Mediaset España e integrante da Cofradía de Vinos de Monterrei), Anabel Toribio (directora de Gastroystyle), Alicia Gómez (Devinosconalicia.com), Carmen Garrobo (directora Escuela Española de Cata), Diana Esteban (community manager de Lavinia), Susana Molina (communication and PR de MAHALAWine & Content y Muy Sibarita Magazine), Rocío Yagüe (sumiler de Hotel Ritz), Mónica Muñoz (directora de Mercados del Vino), José Valdearcos (director de Alimentos & Bebidas de Paradores de Turismo de España), Cleo Pereira (periodista de Radio Círculo e FIJET), Agustín Trapero (sumiller de Four Seasons Hotel y Decanter), Rafael del Rey (director general de Observatorio Español del Mercado del Vino) o Custodio L. Zamarra (sumiller de Zalakain), entre outros.

Esta iniciativa estivo conformada por un Túnel de Viños da D.O. Monterrei, acompañada dunha explicación sobre as singularidades e perfís dos viños de Monterrei, e as condicións climáticas desa anada. As adegas que formaron parte desta iniciativa, realizada na Casa de Galicia en Madrid, eran as seguintes: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Fausto Rivero Pardo e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

Despois tiña lugar unha comida harmonizada con viños de diferentes anadas da D.O. Monterrei (2022-2021-2020-2019-2018), no restaurante Alabaster. “Madrid é un praza imprescindible para Monterrei, demostrámolo hai un mes nun evento que realizamos con Godello de Monterrei e volvémolo a facer agora, presentando a nosa anada a medios de comunicación e catadoras”, destaca o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.

Back to top button