EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei volve a Vinexpo

 

Os viños de Monterrei estarán presentes en ‘Wine Paris & Vinexpo Paris’, que terá lugar do 12 ao 14 de febreiro en París. A denominación formará parte dunha acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.GG. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).

No espazo de Monterrei, o público poderán degustar o produto das seguintes adegas: Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra. Así mesmo, recibirán información sobre o territorio, cultura e historia vitícola, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outras cuestións.

“Dita acción promocional busca reforzar tanto a nosa presenza no mercado internacional como os nosos datos de exportación”, manifesta o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago. “É a segunda vez que participamos en Vinexpo, e queremos aproveitar esta cita profesional para dar a coñecer o noso selo de calidade e os brancos e tintos que se elaboran no noso territorio; así como afianzar o traballo xa realizado en BWW, onde se superaron as expectativas iniciais, e Monterrei está a afianzar a súa posición como un referente nos viños brancos de calidade”, finaliza.

‘Wine Paris & Vinexpo Paris’

Na quinta edición desta cita vitivinícola está previsto que participen un total de 3.960 expositores representando a 50 países produtores. Na pasada edición a afluencia de visitantes aumentou nun 41 % respecto ao 2022, chegando a un total de 36.334 visitantes.

Artigos relacionados

Back to top button