EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra entra na recta final da vendima con 6,5 millóns de quilos recollidos

 

Continúa a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. “A data 14 de outubro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 6.516.473 quilos de uva, cando 88 adegas xa deron por rematada a campaña e 4 aínda non comunicaron a finalización dos traballos. Así séguese aumentando a diferenza coa campaña pasada que se pechaba con 5.244.049 de quilos, e auméntase tamén con respecto ao 2018, vendima que se pechaba o 22 de outubro con 6.170.995 quilos de uva vendimados”, tal e como se indica dende o seu consello regulador.

Tamén lembran que no 2019 a D.O. Ribeira Sacra batía records coa vendima máis abondosa da súa historia, que se pechaba o 18 de outubro con 7.262.831 quilos.

Nesta campaña, despois de máis de 48 días totais de vendima, lévanse recollidas por variedades as seguintes cantidades:

Variedades tintas
• Mencía 5.217.169 quilos
• Garnacha 247.124 quilos
• Sousón 97.315 kilos
• Merenzao 59.127 kilos
• Brancellao 58.783 kilos
• Tempranillo 32.565 kilos
• Caíño tinto 32.576 kilos
• Mouratón 9.015 kilos
• Grao Negro 638 Kilos

Variedades brancas
• Godello 589.279 kilos
• Albariño 96.294 kilos
• Treixadura 57.905 kilos
• Dona Branca 6.371 kilos
• Branco Lexítimo 4.614 kilos
• Loureira 4.371 kilos
• Torrontés 3.327 kilos

Artigos relacionados

Back to top button