EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro obtén 18 galardóns no Concurso VinEspaña 2024

 

A D.O. Ribeiro vén de sumar un total de 18 galardóns no VI Concurso Nacional de Viños VinEspaña 2024, celebrado do 29 de febreiro ao 2 de marzo en Jumilla, Murcia. Na categoría de Viños Brancos Tranquilos foi premiada con tres Grandes Ouros, 11 Ouros e catro Platas.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, considera que o éxito alcanzado neste certame é unha mostra máis do interese que segue espertando os viños da D.O. Ribeiro: “os nosos viños continúan alcanzando numerosos premios neste e outros concursos de viños nacionais e internacionais, o que ratifica o excelente camiño que levamos transitando desde hai xa varios anos. Como dixen en varias ocasións, atopámonos nun momento moi doce para a D.O. Ribeiro”.

VinEspaña

Este concurso de viños está integrado dentro dos Concursos Nacionais e internacionais que patrocina a Unión Internacional de Enólogoes/Enólogos (UIOE). A Federación Española de Enoloxía busca a produción de viños de gran calidade, favorecer o seu coñecemento entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do noso país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría.

Os viños premiados

GRAN OURO

  1. Juan Míguez El Godello 2023 de Bodegas O Ventosela
  2. Ramón do Casar Nobre 2023 de Ramón do Casar
  3. Ramón do Casar Godello Barrica 2023 de Ramón do Casar

OURO

  1. Terra do Castelo 2023 de Viñas e Adegas Galegas
  2. Mónica Albor Treixadura 2023 de Mónica Albor López
  3. A Telleira Godello 2023 de Bodegas Campante
  4. Mourama Ribeiro de Adega Pazo do Mar
  5. Flor de Elisa 2022 de Adega Dona Elisa
  6. O Cotarelo 2023 de Benigno Ríos Mosquera
  7. Ramón do Casar Varietal 2023 de Ramón do Casar
  8. Adeus 2023 de Bodegas Campante
  9. Gran Leiriña 2023 de Bodegas O Ventosela
  10. Canción de Elisa 2023 de Adega Dona Elisa
  11. Catro Parroquias Treixadura 2023 de Bodegas Loeda

PRATA

  1. O Cotarelo barrica 2022 de Benigno Ríos Mosquera
  2. Ramón do Casar Treixadura 2023 de Ramón do Casar
  3. Viña Leiriña varietal 2023 de Bodegas O Ventosela
  4. Tear dos Dodi 2022 de Diego Doniz Diéguez

Artigos relacionados

Back to top button