EconomíaEconomíaViticultura

A D.O. Ribeiro, protagonista da acción promocional desta fin de semana da “Primavera de portas abertas”

Turismo de Galicia organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe para promover as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que comezarán en maio para o público

 

Nesta fin de semana a Denominación de Orixe Ribeiro protagoniza unha acción promocional levada a cabo pola Xunta de Galicia para difundir a nova edición de Primavera de portas abertas, as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que este ano comezarán o 3 de maio para o público xeral.

Esta acción promocional -que se realizou xa en Valdeorras e nas Rías Baixas- contará neste caso coa participación dun grupo de bloggers e instagramers especializados en enogastronomía e viaxes (Petiscos galegos, Escapalandia e Enxebreworld), para os que Turismo de Galicia organizou un programa de visitas a adegas, tamén coñecerán o patrimonio cultural da zona cun recorrido polo castro de San Cibrao de Las, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, o Museo do Viño de Galicia e terán tamén unha sesión de termalismo.

O calendario das acción promocionais continuará do 19 ao 21 de abril na da Ribeira Sacra e do 26 ao 28 de abril na de Monterrei. Todos os participantes son diferentes bloggers e instagramers en cada Denominación de Orixe e suman máis de 1M de seguidores en redes sociais.

 

 

Enoturismo

Turismo de Galicia continúa así coa promoción da nova edición da Primavera de portas abertas que leva a cabo en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas dos viños, unha proposta que está consolidándose na oferta turística do primeiro semestre do ano. Está previsto un completo programa de actividades de enoturismo de maneira conxunta e simultánea nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos. As xornadas de portas abertas celebraranse cinco fins de semana entre maio e xuño, con visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta acción.

En cada ruta poderase atopar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co viño.

Artigos relacionados

Back to top button