EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro suscita en Prowein o interese de visitantes de Alemaña, Países Baixos ou Bulgaria

Participou neste feira internacional celebrada en Düsseldorf con catro adegas e un túnel de cata libre con 27 viños brancos e tintos

 

O C.R.D.O. Ribeiro vén de participar, un ano máis, na feira internacional de viños Prowein. Tiña lugar Düsseldorf (Alemaña) do 10 ao 12 de marzo. Nesta 30ª edición do evento, acudían algo máis de 47.000 visitantes profesionais do sector vitivinícola chegados de 135 países. A D.O. Ribeiro presentouse a través dunha zona de cata libre con 27 referencias de viños, brancos, escumoso e tintos, e coa participación con caseta presencial de catro adegas da Denominación no espazo “Galicia”, creado pola AGACAL (Xunta de Galicia), situado no pavillón número de 11, dedicado aos viños de España.

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia mostrouse aos profesionais do sector vinícola a través de casetas de catro adegas (Casal de Armán, Coto de Gomariz, Ramón do Casar e Viños de Encostas de XL Sebio) así como un espazo de cata libre con 27 referencias: 23 viños brancos tranquilos, un espumoso e tres tintos: A Vilerma, A Telleira Godello, Abadía de Gomariz, Antonio Montero Autor, Armán Leira Misenhora, Beade Orixe, Beade Primacía, Big Bang, Casar de Vide, Cunqueiro III Milenium, Cuñas Davia branco, Cuñas Davia tinto O Patito Feo Treixadura, Leira Viñoa, Leira Viñoa Paraxe Penaboa, Gran Alanís, Gran Leiriña, Lúa Jazz Treixadura Brut, Meu Albariño, Ramón do Casar Nobre, Renacido, Sanclodio, Saramusa, Terra Minei, Torre do Oliveiral Expresión, Village e Viña do Campo.

 

A D.O. Ribeiro continúa “fidelizando o ámbito internacional grazas á participación nesta feira consolidada, que é unha das de maior relevancia a nivel mundial”. O presidente do seu Consello Regulador, Juan Manuel Casares Gándara comenta que “os preto de 250 profesionais que nos visitaron durante as tres xornadas tiveron a oportunidade de catar máis de 50 viños de varias colleitas distintas, desde a máis recente 2023 pasando por 2022, 2020 e mesmo un 2016, entre o túnel dos viños da D.O. Ribeiro e as adegas presentes, podendo percibir neles a franqueza, personalidade e naturalidade os viños de variedades autóctonas, como a Treixadura, Albariño, Godello en viños brancos ou o Brancellao, Caíño, Sousón en tintos.

Profesionais do sector, entre eles catadores, prensa especializada, tendas de viños, importadores, catadores e mesmo algún Master of Wine, de países como Alemaña, Países Baixos, Bulgaria, Canadá, Dinamarca, Reino Unido ou Suíza, achegáronse á nosa caseta para deixarse mergullar cos cinco sentidos nos viños procedentes de viñedos de pequenas extensións traballados manualmente por viticultores e elaborados con moito mimo polas nosas adegas”.

Artigos relacionados

Back to top button