EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras dará a coñecer en Vinexpo (París) unha selección dos seus viños máis representativos

 

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa, dende este luns, no salón Vinexpo, de París, un dos foros de promoción vinícola máis relevantes de cantos se celebran no continente europeo. Faino da man da Asociaciación de Consellos Reguladores do Viño e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais (ACRUAGA), da que forma parte. En concreto, poderán degustarse no foro parisino 25 referencias da comarca. Cada un dos consellos galegos integrados na asociación levará o mesmo número de referencias, polo que aqueles que se acheguen ata o stand galego terán ocasión de elixir entre 150 marcas diversas de viños e licores.

En Vinexpo, os consellos reguladores galegos concorren cun espazo expositor conxunto dentro dunha acción impulsada entre a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, e ACRUAGA. O stand disporá de varios córners para que cada consello poida exhibir, de modo individualizado, os seus produtos.

Tras a experiencia de 2022, cando os consellos galegos acudiron por vez primeira todos xuntos ao foro da capital francesa, éstes volven participar aliñados neste foro para promocionar unha mostra dos seus produtos, amparados baixo cada uno dos seus selos de calidade.

José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras considera este salón “como unha plataforma magnífica para que o público europeo coñeza, de primeira man, os espectaculares godellos que elaboramos na nosa comarca, así como viños doutras variedades que tamén son moi representativas na zona”.

Artigos relacionados

Back to top button