EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras pecha unha colleita “excepcional en calidade” e que chega aos 8,2 millóns de quilos

A variedade Godello supera, por primeira vez, os seis millóns de quilos recollidos

Foto: O SIL.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras dá por finalizada a campaña de vendima deste 2024, tras recoller 8.200.000 quilos de uva, 200.000 quilos máis que os rexistrados na pasada campaña, segundo este organismo.

A variedade estrela na comarca, a Godello, vía aumentado o seu volumen de recollida en máis de 400.000 kg, hasta os 6.100.000 kg, “resultado dunha dedicación cada vez máis especializada a esta uva, que derivou no aumento de aproximadamente 50 hectáreas máis de superficie de produción”. Así o explicou o director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira. A meteoroloxía “foi perfecta na recollida da uva”, xa que as tormentas e a cantidade de choiva caída viñeron despois e “a agua non afectou en absoluto á calidade da uva”, asegura.

A segunda variedade en produción é a Mencía, con 1,2 millóns de quilos. Despois, aparecen outras variedades minoritarias como a branca Palomino Fino, con máis de 444.028 kgs, ou a Garnacha Tintoreira con 343.310 quilos.

“Calidade excepcional”

A falta dunha única viña dunha última adega que finalizará a colleita na xornada de mañá sábado, a D.O. Valdeorras fala de “calidade excepcional” da uva. “Ten un excelente estado sanitario”, en palabras do presidente do CRDO Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, que sinala tamén que “os resultados obtidos en cantidade e calidade, fannos pensar en que esta colleita 2024, vainos situar de novo no podio de moitos concursos e guías especializadas”.

Back to top button