EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras suma 26 Gran Ouro na “Guía de Viños de Galicia” de Luis e Alejandro Paadín

En total lograban recoñecementos un total de 164 referencias desta denominación de orixe

 

A finais de febreiro presentábase na Coruña a “Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia” 2024, da que son autores os sumilleres Luis & Alejandro Paadín. Esta obra, exenta de publicidade e financiada a través do micromecenado, conta con case 550 páxinas que inclúe máis de 2.000 referencias, máis de 1.500 viños e destilados catados así como un medalleiro de recoñecementos por cada unha das denominacións de orixe galegas.

No caso das denominacións da provincia de Ourense son preto de 900 os viños distinguidos con algunhas das medallas (Gran Ouro, Ouro+, Ouro e Prata). Entre elas figuran os 164 recoñecementos da D.O. Valdeorras: 26 Gran Ouro (15 en brancos e 11 en tintos), 38 Ouro+, 78 Ouros e 22 Pratas.

GRAN OURO VALDEORRAS GUÍA 2024

BRANCOS
200 Cestos de A Coroa 2021
As Sortes Val do Bibei 2022
Avancia 2021
Avancia Nobleza 2022
Codos de Larouco 2021
Finca Trasdairelas 2022
Godeval 1986 2019
Guitián +50 Meses 2014
Guitián F. Barrica 2021
O Luar do Sil Sobre Lías 2022
Regueirón 2022
Sorte Antiga 2021
Sorte O Soro 2021
Tostado de Seadur 2021 (tostado)
Viñaredo Barrica 2021

TINTOS
A Coroa Ladeira Vella 2019
A Villeira As Ermitas 2021
Alán de Val Castes Nobres 2021
Casal Novo Merenzao 2022
Escada 2020
Lagar do Cigur Mary Ginzo 2015
O Cabalín 2020
Sampayolo Garnacha Tintureira 2021
Taté 2021
Traste 2019
Vella da Chaira do Ramiriño 2019

A guía, que vai pola súa 14ª edición, ábrese coa listaxe de mecenas que a fan posible e continúa cun apartado introdutorio sobre o panorama vitivinícola de Galicia, con mencións a restos arqueolóxicos como os seus lagares rupestres, entre outras cuestións, como á xenética da vide, as variedades, sinonimias, homonimias… e mesmo cunha referencia ao viño e á intelixencia artificial. Despois, tras achegarse ás cifras do tecido produtivo do viño en Galicia, dase paso ao referente ás catas e aos catadores e ao medalleiro da guía.

En total para esta guía, cuxo director de catas é Javier Facal, constituíanse 18 paneis de cata coa participación de 46 catadores.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button