OurenseÚltima hora

A Deputación cooperará cos concellos de Monterrei e Cualedro en actuacións de mellora destes municipios

O presidente da Deputación co alcalde de Cualedro.

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez e, posteriormente, co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero. Nestas dúas xuntanzas de traballo, os rexedores prantexaron ao presidente da Deputación actuacións de mellora nos seus respectivos municipios, acadando o compromiso de implicación da institución provincial.

En concreto, en Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de asistencia de axuda no fogar; na renovación do abastecemento e saneamento de Medeiros; na reparación dos firmes dos núcleos de Guimarei, Vilaza, San Cristovo, Mixós e A Magdalena, ademais da mellora do saneamento de Flariz.

 

O presidente da Deputación co alcalde de Monterrei.

 

En Cualedro, Manuel Baltar e Luciano Rivero acordaron o compromiso para avanzar no proxecto da aldea modelo de Infesta -en cofinanciación coa Consellería de Medio Rural-; na mellora dos accesos aos usuarios de parapente na serra do Larouco e no punto limpo para os concellos de Trasmiras, Monterrei e Cualedro -co cofinanciamento da Consellería de Medio Ambiente-.

Artigos relacionados

Back to top button