A RúaConcellosÚltima hora

A derradeira xornada dunha intensa Bacofesta da Rúa, en imaxes

 

Na noite do 11 de agosto concluía a Bacofesta 2024, unha celebración que entrelaza viño, artesanía, historia, gastronomía é música á beira do encoro de San Martiño, na Rúa. Numerosas persoas visitaban dende as oito da tarde o seu recinto feiral, onde podían catarse os viños de ata nove adegas da D.O. Valdeorras: Guitián & Blanco, Adega da Pinguela, Roandi, Sampayolo, José Luis Aristegui, Joaquín Rebolledo, Adegas Melillas e Filos, Alan e A Coroa.

 

 

A  celebración completábase cunha mostra de artesanía e cunha zona onde se podía xantar. O broche chegaba rozando a medionoite co último dos concertos do programa, da man de Mojinos Escozíos.

Foto: O SIL.

 

Back to top button