
No marco do Festival da Luz, que se está a desenvolver nestes días na localidade coruñesa de Boimorto, incluíase no espazo “Mans” unha mesa de diálgo sobre a “Cultura rural sotible”. Entre os participantes nesta mesa estaba o vianés Jorge Domínguez “Minas”, presidente da asociación promotora da ViboMask-Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, que acostuma celebrarse no inverno nestas dúas localidades.
Domínguez explicaba como esta iniciativa supón “todo un exemplo de que dous concellos do rural podemos organizar un evento internacional que tanta repercusión económica e cultural trae a nosa comarca. Estes logros non serían posibles sen apoio dos dous Concellos, dos colaboradores, das mozas e mozos das asociacions organizadores dos dous concellos que traballan da man para facer de este evento toda unha hermandad do mundo das tradicións das máscaras de entroido e inverno da Península Ibérica.
Ademais deste vianés, da mesa, moderada pola presentadora Marga Pazos, tamén formaban parte Yeya Gilino, promotora do Festival Asnot de Padrón e Evaristo Méndez, presidente da Asociación Cultura Fonte do Milagro, impulsora da Festa da Pisa da Castaña en Froxán (Folgoso do Courel).