OurenseÚltima hora

A experiencia de José Manuel Lage como médico rural, nun libro

 

A Deputación de Ourense vén de publicar o libro Retazos de la vida de un médico rural, no que José Manuel Lage relata as experiencias que viviu ao longo da súa traxectoria como profesional sanitario no rural. Un traballo que representa un paso máis no desenvolvemento do Museo do Médico Rural, situado en Maceda, do que o autor do libro foi o seu impulsor.

Manuel Baltar, entregou a José Manuel Lage os primeiros exemplares deste volume durante un encontro no Pazo Provincial no que tamén estivo presente o alcalde de Maceda, Rubén Quintas. O presidente provincial puxo en valor “unha nova iniciativa que permite continuar cun proxecto pioneiro que homenaxea aos médicos rurais, e onde sempre estará colaborando a Deputación”. Un apoio que agradeceu o propio autor “satisfeito porque esta idea siga adiante e podamos seguir defendendo a medicina feita con amor, é dicir, a medicina rural”.

O libro editado pola Deputación xa se pode atopar no propio Museo do Médico Rural, situado na planta baixa da Casa do Concello de Maceda. Estruturado en nove salas temáticas, as instalacións acollen material médico orixinal desde principios do século pasado ata a actualidade, lembrando o labor que realizaban médicos, farmacéuticos e boticarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button