EconomíaEconomíaÚltima hora

A Feira de Nadal de Verín terá 24 postos temáticos, música, actividades infantís e unha marcha solidaria

Imaxe da pasada edición da feira./ Foto: Concello de Verín.

 

Un total de vinte e catro postos temáticos de artesanía e alimentación, animación musical, unha marcha solidaria e actividades para os máis pequenos da casa. Así será a programación da próxima feira de Nadal organizada polo Concello de Verín os días 9, 10, 11 e 12 de decembro na Praza García Barbón.

A programación oficial foi presentada esta mañá en Verín polo concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo Feijóo e pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

Segundo destacou Manuel Lorenzo, finalmente serán un total de vinte e catro os postos temáticos que se instalarán no recinto feiral e que «contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación; tamén contaremos cunha interesante mostra dalgúns dos elementos ornamentais máis típicos de nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as figuras para a árbore». O horario da Feira será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

«Como xa ben sendo habitual, nesta edición da feira non faltará a música», destacou Emilia Somoza. O sábado 10 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar na Praza García Barbón o concerto Rockeando con Ramona Órbita, a doa do tempo, no que “Pakolas”, músico, compositor e produtor con máis de 15 anos de traxectoria (que comezou na recoñecida agrupación musical Mamá cabra) ofrecerá aos asistentes un divertida actuación didáctica infantil en galego. Xa o domingo 11, ás 18:00 horas, a Coral de Verín poñerá o broche musical á feira.

Tamén haberá actividades para os máis pequenos da casa. O sábado 10, entre as 17:00 e as 19:30 h terá lugar un Obradoiro de Adobíos de Nadal con gomaeva; «Ademais o domingo 12, durante toda a tarde, os nenos e nenas que se acheguen ao recinto da feira recibirán a visita dunha das figuras máis tradicionais do Nadal: a Papa Noel», explicou Somoza. Como de costume, o domingo terá lugar a entrega do premio ao mellor stand de Nadal e o sorteo da Cesta con diferentes produtos cedidos polos expositores, antes do peche do recinto feiral (19:45 horas).

Primeira marcha solidaria de Nadal No marco da Feira de Nadal, o sábado 10 de decembro, a Centro de Lecer Infantil e Xuvenil “Los Mundos de Iker” organiza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Marcha Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei. Trátase dunha carreira solidaria non deportiva-competitiva na que poderán participar tanto nenos e nenas como adultos, en diferentes categorías.

A saída será as 16:00 horas desde a Praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfrace por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores e corredoras. Para participar nesta iniciativa é necesario formalizar inscrición previa no teléfono 650698766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES2030850208192655312128

Stands da Feira de Nadal

1. Rosa Artesanía
2. Magari.Clay | Hecho Con Hache
3. Terracotas De Rosa María
4. Le Da
5. Valdabella Group
6. Marioli
7. Fofuchas Merchi
8. La Trastienda de Maria
9. Abella Obreira
10. Los Mundos de Iker
11. CEIP Princesa De España
12. Xestas
13. Embutidos Artesanos De León
14. Vera Cuchillería
15. Monualidades
16. Petsound Discos
17. Mimobooks
18. Taller 55 | Asubío
19. Dorahada
20. Galifornia Dreaming
21. Gofres y Crepes
22. Trapalladas Artesanía
23. Mel De Liaxes
24. Las Cosas de mi Madre

Artigos relacionados

Back to top button