EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño do Ribeiro contará con 34 participantes

Terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril en Ribadavia e celebrará este ano a súa 60º edición

 

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, que terá como data de celebración do evento os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia, vén de pechar as admisións dos participantes.

Tras o remate do prazo de inscrición, entre adegas e colleiteiros suman 34 participantes, que formarán parte dunha edición especialmente emotiva ao celebrarse a 60ª edición, e na que se contará, como nos últimos anos con zona gastronómica e actuacións musicais en directo, así como un amplo programa de actividades vencelladas á cultura e ao mundo do viño.

Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel e o pregoeiro para a presente edición, nos que xa se leva tempo traballando.

Artigos relacionados

Back to top button