En portadaÚltima hora

A Feira Tradicional de Produtos do Eixo Atlántico será na praza do Concello do Barco

Inicialmente estaba prevista na praia fluvial, pero a organización decidíu mudar o seu escenario polas previsións de choiva para a fin de semana

Imaxe dunha edición desta mostra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Feira de Produtos do Eixo Atlántico, que se celebrará esta fin de semana no Barco, vai ter lugar finalmente na Praza do Concello, en vez lugar de na Praia Fluvial do Malecón, debido ás previsións meteorolóxicas, segundo as cales se espera choivapara eses días. Así o vén de anunciar o Concello do Barco, organizador do evento coa colaboración do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

A iniciativa ponse en marcha co obxectivo de promocionar aos pequenos produtores do rural galego e do norte de Portugal que elaboran produtos tradicionais de alta calidade. O salón terá lugar na fin de semana do 2 e 3 de setembro, con 20 casetas nas que exporán e venderán os seus produtos 24 expositores procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor (en Portugal); e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e Terras de Trives (en Galicia).

Entre a oferta presente na feira haberá queixo, mel, aceite, licores e embutidos de Galicia, de alta calidade e elaborados de forma tradicional en municipios do noroeste peninsular ubicados principalmente no rural. Entre os produtos dispoñibles na Feira haberá tamén postres típicos portugueses como os bolos, a torta de Viana ou os pasteis de nata. Na zona de degustación, os visitantes serán a oportunidade de probar diferentes produtos, entre eles o caldo verde, o sandes de polo e porco e as moelas, pratos típicos pratos portugueses.

Durante os días de celebración da Feira, que abrirá en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e tarde (de 17 a 21 horas), celebraranse diferentes actividades musicais e lúdicas. Así, tanto o sábado coma o domingo haberá obradoiros, un de ensamblaxe de mini carros de madeira a cargo de  “Artesanía Enxebre”; e outro de torno de barro cos artesáns de “Ceniza de Papel”, ambas amparadas en Artesanía de Galicia. Os interesados en participar nos obradoiros deberán anotarse nas casetas dos artesáns.

Ademais, ás 20 horas do sábado 2 de setembro, a enóloga Cecilia Fernández dirixirá unha cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico. O prezo será de 5 euros por persoa, o aforo será limitado, e os interesados poderán anotarse previamente no mail infoturismo@concellodobarco.org, e tamén na propia feira.

No apartado musical está prevista actuación no recinto do grupo Iker Piris & His Dual Electras, o domingo ás 13 horas.

Artigos relacionados

Back to top button