ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A feira volverá a Viana do Bolo o vindeiro 13 de abril

Publicidade
Imaxe dunha feira anterior en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Co fin de retomar a normalidade no noso Concello, o vindeiro martes 13 de abril volverán celebrarse as feiras en Viana do Bolo”, así o vén de anunciar nun bando municipal o seu alcalde, Abelardo Carballo. Este municipio non rexistra a día de hoxe ningún caso activo de Covid, tal e como confirma o propio Concello.

Ademais, no bando municipal indícase que dende o Concello de Viana do Bolo “estableceranse as medidas de hixiene, seguridade e distancia precisas para garantir a seguridade tanto das persoas que asistan, coma dos/as comerciantes que rexentan os postos de venda”.

Entre esas medidas figura que “a separación entre os postos deberá ser de alomenos 4 metros, o que facilitará aos/ásusuarios/as do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre persoas. Os postos só poderán colocarse nunha das marxes de cada rúa, deixando a outra marxe libre”.

Ademais, con respecto ao número de postos de venda, indicar que só poderán asistir o 75% dos postos que habitualmente veñen a este mercado, “tendo preferencia os/as vendedores/as deprodutos alimentarios e perecedoiros. Ademais, non se poderá ter aparcado ningún vehículo anexo ao posto de venda. Os postos de venda que non se poidan ubicar nesta feira por motivos de espazo, terán preferencia na seguinte”, tal e como sinala no bando o alcalde vianés.

Para velar polo cumprimento das medidas de seguridade sanitaria contarse coa Policía Local de Viana do Bolo, que tamén controlará a colocación dos postos. Con respecto ás persoas usuarias da feira, “será obrigatorio sempre manter a distancia de seguridade de 2 metros, usar en todo momento máscara, evitar cualquera tipo de aglomeración e deberán tentar abonar as súas compras co prezo exacto (na medida do posible)”, indica o rexedor vianés.

 

Artigos relacionados

Back to top button