ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Festa da Androlla de Viana do Bolo cumpre medio século cun cheo absoluto

 

Despois dunha intensa mañá marcada polo ritmo dos fulións e os saltos dos Boteiros, Viana do Bolo celebraba na tarde do 23 de febreiro a 50º edición do manxar propio do seu Entroido: a Androlla.

Unhas 2.500 persoas compartían mesa no pavillón polideportivo e nunha carpa instalada ao seu carón nesta celebración, que contaba tamén coa asistencia de diferentes autoridades como é o caso da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, da deputada galega Noa Presas ou do alcalde de Lubián, Felipe Lubián, entre outras, que acompañaban ao alcalde, Secunidno Fernández, e aos concelleiros vianeses.

 

 

Esta celebración gastronómica resultaba un éxito, tendo en conta ademais que as entradas esgotábanse en tan só tres días. Trátase dunha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia.

Fotos: Javier Brasa.

Máis información e fotos do Domingo Gordo en Viana do Bolo:
https://osil.info/a-50a-festa-da-androlla-de-viana-do-bolo-en-imaxes/
https://osil.info/boteiros-fulions-e-carrozas-toman-viana-nun-multitudinario-domingo-gordo/
https://osil.info/o-desfile-do-domingo-gordo-en-viana-do-bolo-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button