En portadaÚltima horaVídeos

A Festa dos Maios viste de natureza, tradición e artesanía o centro do Barco

 

O son das bombas e a chegada dun total de oito Maios (algúns de feitura enxebre e outros artísticos) marcaba a partir do mediodía deste o inicio desta festa que enchía de tradición, música e artesanía as prazas do Príncipe e do Concello. Quedaban expostos na parte superior das escaleiras da Igrexa de Santa Rita, onde numerosas persoas se fotograban ao seu carón.

Logo de dous anos de parón pola pandemia, a festa volvía tomar as rúas con estas tradicionais esculturas vexetais, música e baile tradicional e unha concorrida mostra de artesanía cunha trintena de postos de gastronomía (doces, mel, bicas, aceites…), artesanía en madeira, orfebrería ou debuxo, etc.

A mostra permanecerá exposta ao longo de toda a xornada, cun programa que inclúe a actuación do grupo tradicional Os Coribantes de Ponte Caldelas, así como o recitado de coplas a partir das 13:30h. Pola tarde, a partir das seis haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña e procederase á entrega de premios do concurso de Maios e coplas.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button