CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A figura de Florencio no galeguismo e no exilio, analizada por Telmo Fernandes na Coruña

Este investigador barquense vén de impartir unha conferencia na Coruña promovida polo colectivo Valdeorras Infinda e pola A.C. Alexandre Bóveda

 

Dende un enfoque histórico falaba sobre Florencio Delgado Gurriarán na sede Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña o barquense Telmo Fernandes Gonçalves. Impartía esta tarde a conferencia “Das praias de Francia ao exilio mexicano”.

 

 

Na súa intervención este investigador resaltaba a relevancia de Florencio na súa etapa en París, “talvez a máis descoñecida e unha das máis importantes, xa que se encargou de salvar vidas, de axudar aos galegos a saír dos campos de concentración, de atoparlles un fogar e de lograr que entrasen nun barco rumbo a América, o Ipanema, no que el tamén foi despois”. Xa no exilio mexicano, subliñaba o seu “papel cooperativo e coordinador”, chegando a desempeñar a función de delegado do Consello de Galiza e “redactando o pacto de Galeuzca xunto a López Durá”.

 

 

Así, analizaba analizará a importancia e a actuación do poeta corgomés, ao que este ano se lle dedicaron as Letras Galegas, dentro do galeguismo, seguindo a evolución da súa vida e obra política enmarcada no contexto do nacionalismo galego.

Esta conferencia ten iso organizada polo colectivo Valdeorras Infinda en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button