CulturaMúsicaÚltima hora

A Fundación Vicente Risco (Allariz) acollerá o concerto de Aida Saco

Terá lugar o vindeiro xoves, 20 de agosto, ás 20:00 horas

A Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz, acollerá o concerto da compositora e pianista Aida Saco Beiroa. Terá lugar o vindeiro xoves, 20 de agosto, a partir das 20:00 horas.

A artista interpretará as súas propias obras. Así, en palabras de Aida Saco “Ronseis do tempo é unha obra feita no recollemento da casa. Un instante feito música. Tentando permanecer á escoita na vibración do tempo, testemuña dunha nova etapa da miña vida”.

 

Artigos relacionados

Back to top button