A RúaConcellosÚltima hora

A Garda Civil da Rúa celebra a festividade da Virxe do Pilar

 

Tamén a Garda Civil da Rúa recuperaba no mediodía deste mércores 12 de outubro, a celebración da festa da Virxe do Pilar, a súa patroa. Coma antes da pandemia, pasadas as 13 horas e trala foto de rigor no adro, tiña lugara a misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei, oficiada polo párroco Lisardo Paradelo.

 

Un momento da eucaristía na igrexa de Fontei.

 

A esta celebración relixiosa acudían membros da Garda Civil da Rúa, representantes municipais rueses (como diversos concelleiros e o seu alcalde, Álvaro Fernández), así como as alcaldesas de Larouco e de Petín, o senador Miguel Bautista e os alcaldes de O Bolo e Vilamartín, ademais de numerosos veciños da Rúa e de concellos próximos.

 

Membros da Garda Civil da Rúa./ Foto cedida.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis fotos sobre a celebración da Virxe do Pilar en Valdeorras: https://osil.info/a-garda-civil-do-barco-honra-a-sua-patroa-a-virxe-do-pilar/

 

Artigos relacionados

Back to top button