En portadaÚltima horaVídeos

A Garda Civil do Barco honra á súa patroa, a Virxe do Pilar

 

Despois de dous anos sen facelo por mor da pandemia, neste 2022 recuperábase a tradicional celebración da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, con cultos en diferentes parroquias.

 

 

No caso do Barco de Valdeorras, era coma sempre a igrexa de Santa Rita a que acollía a partires das 12:30h. a misa. Unha eucaristía á que  acudían os membros da Garda Civil neste concello valdeorrés (en activo e tamén xubilados), así como o xefe da Policía Local do Barco, Fernando Lozano e membros da corporación municipal.

 

 

Este ano ademais, como novidade, o párroco do Barco Jesús  Álvarez convidaba á comunidade  hispana que vive na vila valdeorresa, que despregaban as bandeiras  dos seus respectivos países no interior do templo antes de comezar a misa.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Máis fotos sobre a celebración da Virxe do Pilar en Valdeorras: https://osil.info/a-garda-civil-da-rua-celebra-a-festividade-da-virxe-do-pilar/

 

Artigos relacionados

Back to top button