CulturaCulturaÚltima hora

A historia de Antón e o Apalpador, no Barco

 

Antón é un meniño de cidade ao que lle encantan as estrelas, pero dende a súa casa non pode velas. Un día recibe unha postal da súa madriña Mariña, que o convida a pasar as vacacións do Nadal no Courel. Tras lograr o consentimento do seu pai e da súa nai para facer a viaxe, prepara unha maleta e colle o autobús.

Con esta viaxe comezaba unha aventura que este personaxe compartía cos nenos e maiores que asistían á función “Antón e o Apalpador”, que se representaba na Biblioteca do Barco na tarde do 30 de decembro, da man de Barafunda. Esta actuación formaba parte da programación de Nadal do Concello do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button