ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A I Cea das Festas de San Antón do Toural (Viana do Bolo) reunía a 220 persoas

 

Resultaba todo un éxito. Completábase o aforo previsto para a I Cea Popular das Festas de San Antón do Toural (Viana do Bolo) que reunían na noite do 3 de xuño a unhas 220 persoas no Toural. “Levabamos xa un tempo coa intención de poder organizar esta cea, e finalmente, conseguímolo este ano. Estamos moi contentos, resultou un éxito total”, comentan dende a comisión de festas, formada por catro veciños, promotora da iniciativa que servía para recadar fondos para os festexos.

 

 

Os participantes na cea, cuxa entrada custaba 11 euros, desfrutaban dun menú a base de xamón asado, agulla e chourizo á brasa, bica, viño e auga. Ademais, había animación musical a cargo dun Dj.

Fotos cedidas pola Comisión de Festas de San Antón do Toural (Viana).

Artigos relacionados

Back to top button