EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A III Ruta dos Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras, os días 12 e 13 de xullo

Publicidade
Un total de 16 establecementos do Barco participarán nesta iniciativa que pretende harmonizar os viños coa gastronomía
Maridaxe de pinchos e godello na pasada edición desta ruta no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Será un saboroso aperitivo da XXI Feira do Viño de Valdeorras. Nos dous días previos ao certame, o 12 e 13 de xullo, nos establecementos de hostalaría do Barco poderá desfrutarse da III Ruta de Pinchos da Feira do Viño. Trátase dunha iniciativa promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Cada un dos 16 establecementos participantes elaborarán pinchos diferentes ao prezo de 1,70 euros. As propostas van dende as “cestiñas de cristal” da Cafetería Cristal, ás filloas recheas de delicias do mar do Café Bar San Roque e o Pincho Vinum (do local do mesmo nome) ata o capricho de bacallau do Restaurante Piquiño e as piruletas crocantes de polo á mostaza e mel do Divino Paseo.

Tamén estarán na ruta o Bar A Cova cunha “frincadela especial e croqueta holandesa”, A Maltería, o Restaurante Fernando III que servirá pementos recheos de bacallau con gulas nunha salsa de ameixas, a Tapería Al Natural con mexillóns picantes, o Restaurante Tomás cun cóctel do mar e montaña ao godello, a Taberna O Buraco con xarrete ao viño tinto e Casa Ignacio cun niño de paspallás, tosta con carpaccio de bacallau, folla de primavera e saquiños de bacallau.

A oferta desta ruta complétase co follado recheo de paté de mexillón do Restaurante La Gran Tortuga, coas carrilleiras ao mencía de Il Piacere Gastrobar, co pincho de Casa Lameiro e coa “barrica” de La Querida.

 

Relación de locais de hostalaría da ruta cos seus respectivos pinchos e horarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button