SanidadeÚltima hora

“A Junta está aberta á colaboración para compartir especialistas entre o Hospital de Valdeorras e o do Bierzo”

Así o asegura o conselleiro de Sanidade, Julio García, quen adiantaba no Barco que está prevista unha reunión bilateral entre ambas administracións para analizar esta cuestión

 

A Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León seguen analizando a posibilidade de colaborar e de compartir especialistas entre o Hospital de Valdeorras e o Hospital do Bierzo. Así o confirmaba esta mañá na súa visita ao centro hospitalario barquense o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

“A Junta fixo unha rectificación dese primeiro comunicado no que dicía que non era viable legalmente esa colaboración e nela di que está totalmente aberta a esa colaboración. De feito temos pendente fixar unha data para manter un encontro bilateral tanto aquí, no Barco, como no Hospital de Ponferrada e seguir avanzando nesa liña que avanzamos antes do verán e na que o propio consejero de Saúde da Junta de Castela e León, que me chamou por teléfono díxome que seguen pensando en poder traballar. Ao final son dous hospitais moi cercanos, moi similares en condicións e que teñen problemas moi parecidos e probablemente solucións moi semellantes, polo tanto, seguiremos a traballar nesa liña”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button