CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A ludoteca de Verín celebra o día dos avós e avoas

Participantes na celebración./ Foto: Concello de Verín.

 

Neste 26 de xullo Verín estivo de celebración dedicando unha xornada aos máis maiores. Os rapaces da ludoteca celebraron o día dos avós con actividades centradas na temática da terceira idade. Elaboraron traballos manuais e de artesanía para regalarlla aos seus maiores, e escribiron mensaxes para eles que, de seguro, os emocionaron.

O Concello invitou aos pais e nais a deixar que os avós e avoas participaran desta xornada levando aos cativos ás actividades e recolléndoos. O día rematou cunha fermosa foto familiar onde apareceron os máis pequenos cos máis maiores.

Artigos relacionados

Back to top button