En portadaSanidadeÚltima hora

A máscara volverá ser obrigatoria no exterior

Esta é unha das medidas que vén de anunciar Pedro Sánchez tras a reunión da Conferencia de Presidentes desta tarde

 

“Non estamos en marzo de 2020, ni no Nadal de 2020, afortunadamente, temos un 90% de poboación vacinada. Por iso debemos adoptar medidas distintas para unha situación distinta”, dicía o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez ao termo da reunión da Conferencia de Presidentes, que se celebraba esta tarde. Deseguido, procedía a enumerar esas medidas, que serán aprobadas mañá nunha reunión extraordinaria do Consello de Ministros.

A primeira desas medidas será “intensifiar e acelerar a campaña de vacinación, esta é a medida máis importante, poñendo o énfase na terceira dose. Contamos con vacinas suficientes”, dicía Sánchez. Os obxectivos serán os seguintes:

• O 80 % da poboación entre 60-69 anos vacinada con terceira dose antes de que finalice o ano.

• O 80 % de entre 50-59 anos na semana do 24 de xaneiro.

• O 80 % de entre 40-49 anos na primeira semana de marzo.

• O 70 % dos nenos de 5 a 11 anos coa primeira dose pediátrica na semana do 7 de febreiro.

• O 70 % dos nenos coa segunda dose pediátrica na semana do 19 de abril.

Ademais anunciaba “unha medida que conta cun amplísimo consenso dos presidentes autonómicos: o uso da mascarilla obrigatoria no exterior, coas salvidades de que se estea facendo deporte ou nos espazos naturais nos que esteamos sós, coa nosa unidade familiar ou con ouras persoas sempre que se manteña a distancia de seguridade”. Deste xeito preténdese mellorar a autoprotección.

Por outra banda, para “aliviar sistema de saúde pódese contratar a persoal sanitario xubilado ou prexubilado e tamén habilitar a contratación de especialistas de estados non membros da UE”.

Outra decisión anunciada por Sánchez é un plan de acción en Atención Primaria e comunitaria que incluirá aumentar o número de profesionais sanitarios dispoñibles e mellorar as súas condicións laborais.

Finalmente, vaise “favorecer o subministro de test e imos emitir autorizacións temporais para permitir a venda en farmacia de terminados test de antíxenos que ata agora eran de uso profesional, isto vai permitir ter máis disponibilidade de test”.

Artigos relacionados

Back to top button