CulturaCulturaÚltima hora

“A memoria do son”, mostra con réplicas de instrumentos medievais, en Sober

Poderá verse no Centro Sociocultural da vila ata o vindeiro 30 de novembro

 

Sober acolle a mostra “A memoria do son”, unha mostra con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad). O deputado provincial, Efrén Castro, e o director da Colección de Instrumentos e comisario da exposición, Luciano Pérez, presentaban, xunto ao alcalde de Sober, Luis Fernández, esta mañá a mostra que poderá verse no Centro Sociocultural da vila ata o vindeiro 30 de novembro.

A exposición, concebida para ampliar o coñecemento deste patrimomio musical, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en documentos literarios e históricos.

Os fondos instrumentais complétanse con melodías accesibles, a través de códigos QR, proporcionando a oportunidade de escoitar o son de cada un deles. Tamén inclúe propostas interactivas, como unha salterio no que as persoas visitantes poderán interpretar melodías de cantigas de Afondo X e Martín Códax. De cara ao público máis novo, ofrécense dous pasatempos -un crebacabezas e un encrucillado- que incorporan os contidos da exposición de forma lúdica.

 

Fonte da imaxe: Catálogo da exposicón.

 

Precisamente, durante a mañá, a mostra recibiu a visita de alumnado do CEIP Virxe do Carme que, ademais de desfrutar dos contidos da exposición e introducirse na tradición musical herdada do medievo, participou dun obradoiro no que construíron un asubío a partir dunha avelá.

A exposición conta cun catálogo, en catro idiomas, editado en papel pero tamen dispoñible para descargar, en formato pdf, na páxina web do Centro de Artesanía e Deseño (http://cultura.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/catalogo_a_memoria_do_son.pdf)

Artigos relacionados

Back to top button