CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A mostra Artsorey, comisariada polo valdeorrés Chere, en Cambados

A exposición inaugurábase o pasado mércores ás 20 horas e poderá visitarse ata o 18 de xuño no Pazo de Torrado

 

O IES Francisco Asorey de Cambados inauguraba esta semana no pazo de Torrado a súa “V Mostra Artsorey” na que alumnado, profesorado e colaboradores deste centro amosaban obras artísticas elaboradas en diversos formatos: escultura, gravado, fotografía, pintura e vídeo.

Esta quinta edición de Artsorey leva por título “Implicarte” e con preténdese facer “unha chamada a mentalizarse ante os problemas medioambientais e o cambio climático, entre outras cousas, e implicarse dende o local e o individual, na resolución de estas problemáticas”, din os promotores.

 

 

Entre os creadores participantes nesta edición están Manuel Busto, Emérita Méndez, Eduardo Baamonde, Fernando Arenaz, Uxío López, Susana Ferradás, Gerardo Rodríguez “Chere”, Marité Aragunde, Fernando Quintela e Pablo Framiñán. A mostra está comisariada polo artista valdeorrés Gerardo Rodríguez e Domingo Tabuyo

A mostra poderá verse na sala B de Torrado do 31 de maio ata o domingo 18 de xuño.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button