CulturaCulturaÚltima hora

“Redeiras”, o novo mural do valdeorrés Chere e de Susana Ferradás en Cambados

Constitúe unha homenaxe ás mulleres que pasaron a súa vida tecendo redes

 

Pouco a pouco os trazos negros sobre a parede branca ían dando vida nunha das paredes do pavillón de deportes do IES Asorey de Cambados a un mural moi especial, “Redeiras”. Trátase do último proxecto do valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e de Susana Ferradás, que leva por título “Redeiras, baseado na serie de gravados da artista de Bueu Susana Ferradás.

Esta obra plástica constitúe “unha homenaxe ás mulleres que pasaron a súa vida confeccionando redes, mulleres de terra que sempre traballaron mirando o mar”, explican os artistas, matizando ademais que con e dase continuidade a outro mural do pasado ano “Mulleres cheas de mar”.

 

 

Este emotivo e fermoso mural inagurábase ás 13h. deste mércores 7 de xuño nun acto que abría Juan Ramón Pazos vicedirector do IES Asorey e contaba, ademais de coa presenza dos dous artistas, coa de diversos representantes políticos como Samuel Lago, Isabel Fole, Liso González e José Ramón Abal.

 

 

Pero as grandes protagonistas da inauguración ademais dos creadores Susana e Chere, eran Concepción Abal, a redeira maior de Cambados “Conchita”, “unha muller que pasou toda a súa vida entre redes, a decana das redeiras de Cambados”, e a presidenta de Guimatur, Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados, María José Cacabelos.

Ao final do acto os asistentes recibiron unha bolsa conmemorativa do mural, que se converte desta maneira nunha peza máis da exposición “Artsorey”, que se abría ao público a pasada semana no Pazo Torrado de Cambados e poderá visitar ata o vindeiro 18 de xuño.

Fotos e vídeo: cedidos.

Máis información:

https://osil.info/a-mostra-artsorey-comisariada-polo-valdeorres-chere-en-cambados/

Artigos relacionados

Back to top button