EconomíaEconomíaÚltima hora

O Refuxio reabre as portas nunha esperada e concorrida inauguración, no Aguillón (A Rúa)

 

Logo de varios meses pechado, O Refuxio volve estar aberto na Área Recreativa do Aguillón, na Rúa, en pleno paseo fluvial e con fermosas vistas ao encoro de San Martiño.

 

 

Con Eli Barranco de novo á fronte, o local de hostalaría reabría as portas na calurosa tarde do mércores 3 de xullo nunha esperada inauguración á que asistía numerosa xente e na que convidaban a churrasco, unha das súas especialidades .

O horario de apertura de O Refuxio é de luns a domingo de 12 a 16 e de 19:30 a peche.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button