CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“A Moura”, novo tributo audiovisual do valdeorrés Aitor Ramos Soto a este ser mítico

Trátase dun videoclip para a artista galega Sheila Patricia que xa pode verse na súa canle de Youtube

Aitor Ramos e Sheila, na gravación do videoclip (cedida por Llum A. González).

 

O valdeorrés Aitor Ramos Soto, natural de Éntoma (O Barco), vén de dirixir un videoclip para a artista galega Sheila Patricia no que expón a lenda das mouras en Galicia. “As mouras son mulleres enfeitizadas e de enorme beleza que adoitan vivir nos nacementos das fervenzas, castros ou preto dalgún petróglifo. Represéntanse como seres relacionados co destino e son posuidoras de grandes cantidades de ouro que ofrecen aos seus pretendentes se son capaces de superar unha proba”, contan os promotores deste traballo.

Nesta obra audiovisual predomina a cor vermella sobre negro e as referencias artísticas. O videoclip comeza con Sheila Patricia vestida como taberneira botando leite, facendo unha reinterpretación á obra pictórica da “Leiteira” de Vermeer. Posteriormente, aparece no cume don monte cun home nos brazos facendo referencia á obra escultórica da “Piedade” de Miguel Ángel no que se ve á artista como muller empoderada portando unha rosa vermella que pasa polo torso do pretendente que caeu no seu feitizo.

 

Corpo de Baile (cedida por Llum A. González)

 

Este videoclip, cargado dunha dirección de fotografía e artísticas moi coidada, nútrese tamén de lugares emblemáticos de Galicia como son: a fervenza do Toxa, o Pazo de Lourizán ou o Monte da Peneda (Redondela).

O videoclip conta xa con máis de 30.000 visualizacións en menos dunha semana e está dispoñible na canle oficial de YouTube da artista galega Sheila Patricia.

 

Artigos relacionados

Back to top button