En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A mulleres rurais da Veiga continúan “Tecendo soños”

Esta singular mostra de tecidos, que vai xa pola súa terceira edición, poderá visitarse ao longo desta xornada de luns 12 de agosto na vila

Punto a punto, despois de moitas horas, esforzo e dedicación, as mulleres de diferentes aldeas do municipio da Veiga volven agasallar, por terceiro ano consecutivo, a veciños e visitantes coa singular, colorista e fermosa exposición “Tecendo soños”.

 

Ao longo desta xornada de luns 12 de agosto poderá desfrutarse en diversos puntos da vila de multitude de obxectos tecidos a man por integrantes da Asociación de Mulleres Rurais da Veiga: a Casa Meniñeiro, na Praza do Concello, na Casa do Maior, na Praza do Toural, nas proximidades da Oficina de Turismo, a rúa Pateira…

 

Dende paraugas, orixinais tendais, bolboretas, columpios, globos, sombreiros… enchían de cor e soños a vila. E mesmo vestían de tecido as rodas dunha bicicleta ou os estadullos dun antigo carro tradicional. A apertura da mostra tiña lugar ao mediodía nun concurrido acto na Praza do Toural da Veiga.

Fotos: Ares Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button