ConcellosO BarcoÚltima hora

A negociación da RPT do Concello do Barco cóase no debate da sesión plenaria de abril

 

Cun salón ateigado iniciábase a sesión plenaria ordinaria de abril que a Corporación do Barco celebraba na tarde deste xoves día 4. As butacas estaban ocupadas por persoal municipal que coa súa asistencia quería facer presente a situación na que se atopa a negociación da RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello.

E aínda que na orde do día non figuraba este punto, concelleiros do PP e do BNG, plantexaban o tema no apartado de rogos e preguntas. O primeiro en sacalo era o edil popular Antonio Melo, quen preguntaba propoñía resolver os problemas que puideran existir con respecto á RPT no propio pleno. O alcalde, Alfredo García, respondía que esta problemática “non se pode resolver aquí, é un tema moi complexo que leva moitas negociacións e para que dúas partes cheguen a acordo, teñen que querer chegar a acordo as dúas, pero iso farase na mesa de negociacións, que é onde se ten que facer”.

Tamén indicaba o rexedor que se lle repartíu aos sindicatos un “documento novo que recollía moitas das peticións que se fixeran na última reunión, para que antes de convocar a reunión puideran facer máis observacións. O documento que temos, con esas correccións correspondentes, analizarémolo, pero eu non sei o que piden, en calquera caso o Concello ten feito xa moitas reunións. A nosa intenció é convocar unha nova reunión negociadora e entregar ese documento”.

Ademais o alcalde advertía que “isto está suficientemente negociado, a lei di que hai que intentar chegar a acordos, pero tamén di que pode tomar o acordo o Concello se considera que está suficientemente negociado ou, se non hai forma de chegar a un acordo, plantamos e aí se queda, que tamén é unha opción”.

Posteriormente, a concelleira Noa Fernández, do BNG, indicaba que “é unha mágoa que determinados temas que son de calado, importantes, como é o da RPT se trouxera hoxe aquí a través dun rogo, e non doutras fórmulas das que si que se orixina un debate importante e poida saír un posicionamento deste pleno. Por iso é interesante modificar o regulamente de participación cidadá, e este é un rogo que traigo, para traer determinados temas e cando haxa público, que se inscriba previamente aquí xente e que poida participar a cidadanía”.

Artigos relacionados

Back to top button