CulturaCulturaÚltima hora

A obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán, analizada na Coruña

Miro Villar impartirá unha conferencia sobre esta temática dentro das actividades de Valdeorras Infinda e da A.C. Alexandre Bóveda

 

No marco das actividades que están a organizar na Coruña o colectivo Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar o vindeiro venres 28 de xaneiro, ás 19:30h. a conferencia “Unha aproximación á obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán”, que impartirá Miro Villar. Será no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

Miro Villar analizará a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 -na revista Raigame-, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fará unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Estudo -da súa autoría- que en forma de libro vén de publicar en Edicións Xerais.

O relator é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, profesor de Lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario. Un dos primeiros estudosos da poesía de Florencio Delgado Gurriarán e un referente para coñecer e entender a obra do escritor valdeorrés (Letras Galegas 2022).

 

Artigos relacionados

Back to top button