A organización do 53 Rallye de Ourense vén de emitir un comunicado co protocolo da competición ante o Covid-19, no que recalcan o uso obligatorio de mascarillas e ademais estará prohibido o acceso á zona de asistencia para toda persoa que non sexa dos equipos ou oficiais.
“Realizaranse controis de temperatura corporal antes do inicio da actividade deportiva de todos os participantes, así como nos accesos de saída á zona de asistencia. Ao resto de persoal do equipo, que acceda á asistencia, realizaráselle toma de temperatura na entrada da asistencia”, afirman dende a organización.