En portadaÚltima hora

A pasarela de moda do Centro Comercial Aberto será finalmente o 11 de maio

Estaba prevista para este sábado 27 de abril, pero ante a previsión de chuvias a organización decicía aprazala

Imaxe da pasada edición da pasarela./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) emitía esta tarde un comunicado para informar do cambio de datas da súa pasarela de moda. “Debido á previsión de choivas para o sábado 27 de abril, día da celebración da pasarela de moda 2024, comunicamos que se suspende dita celebración.
Queda sinalada a nova data para o día 11 de maio no mesmo horario e mesmo lugar”, asegura o CCA.

Será a partir das oito da tarde na praza Andrés de Prada do Barco e estará presentada por Tamara Pérez. En total, serán dezaseis comercios asociados ao CCA O Barco os que se suman ao evento: Pizpireta, Multiópticas, Baamonde, Miranda X, Eneska, Trios 2.0, N37, Garoba, Can-Can, Ana Óptica, Anímate e Montglam en moda e complementos de adulto. E Casabella, Koki, Marylebone, e O Bambán dos Sorrisos, en moda e complementos infantís.

A acción, que é unha das máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada integramente pola Deputación de Ourense, e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button