CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

A pasarela de Quereño (Rubiá)

Artigo do historiador valdeorrés Antonio Castro Voces sobre esta ponte colgante que substituíu a barca que comunicaba esta localidade coa leonesa de Puente Domingo Flórez

Pasarela sobre o río Sil en Quereño (Rubiá).

 

O río Sil, ao entrar en Galicia, convértese en barreira natural que separa as localidades de Quereño (Ourense) e Puente Dgo. Flórez (León). A pesar disto, as relacións sociais e comerciais entre ambos pobos, ao longo dos séculos, teñen sido e son constantes e fluídas. Para superar a barreira do río, os veciños se valéronse; primeiro dunha barca de cable situada en O Penedo e en Porto da Barca; despois, desde o ano 1931, dunha pasarela ou ponte colgante; a finais da década dos 50 coa chegada de ENDESA construíuse un “puentín” en San Diego e desde 1973 a actual ponte de cemento nas paraxes do Medal e Pena da Ola.

Nos anos 1900 e 1929 houbo sendos intentos, traducidos nos seus correspondentes proxectos, por construír unha ponte de ferro, de peaxe, en A Debesa, que non chegaron a ser realidade, seguramente, pola falta de recursos económicos e vontade política para facelos. Parece ser, que na década dos 50, houbo outro intento por construír outra ponte que tampouco chegou a callar.

Hoxe imos falar da pasarela, construción da que só quedan as súas columnas de cemento, cables de ferro e, sobre todo, a memoria colectiva, o recordo vivo na mente das xentes que aínda lembrann como tiñan que pagar unha peseta, en concepto de peaxe, cada vez que pasaban.

A historia oficial desta singular construción remóntase aos primeros anos da década dos 30, e inicia a súa tortuosa andaina o 6 de agosto de 1931, cando os veciños de Quereño Dn. Víctor López e o seu fillo Dn. Ramiro López Gómez dirixen un escrito ao Sr. Gobernador de Ourense solicitando autorización para a construción dunha ponte colgante -pasarela-, sobre o río Sil. Basean o seu escrito na necesidade que a zona ten dun paso fixo sobre todo cando o río baixa moi crecido e non pode vadealo a barca. Piden, tamén, autorización para establecer “a tarifa de 0’20 pts. por persoa e paso de circulación”. De feito comezouse cobrando 0’10 pts. por persoa  paso.

El proyecto de la obra fue redactado el 28 de Julio de 1.931 por Dn Juan J. Oliden, Ingeniero de Minas y se basaba en que: “el puente tiene una longitud de 98’50 ms. y va soste¬nido por dos cables de 20 m/m, con 19 alambres de 4 m/m, de 100 ms. de longitud, llevando como pasamanos dos cables flexi¬bles de acero galvanizado de 12 m/m, con 6 cordones a 19 alambres de 0’0 m/m, y alma de cañamo, de 110 ms. de largo. Se coloca una red de protección entre cable portador y pasamano.

O piso é de madeira de castiñeiro en tablón de 40 m/m de espesor por 1’40, ou sexa de 1’20 ms. de ancho o paseo, e vai unido aos cables portadores con tornillos bridas de 10 m/m.

Os cables son anclados na beira esquerda en pena e na dereita nun bloque de formigón, na primeira con pernos de anclaxe de 33 m/m, e no formigón por medio de barras empotradas no formigón e aseguradas por carrís.

O bloque de formigón de anclaxe ten un volume de 21’50 ms3 ou sexa un peso de 47 Tm. Disponse a ambos lados do río de  apoios para reducir o tramo libre sobre o río e para ganar altura para caso de crecida. Estes apoios son de formigón e en forma de pirámide truncada das dimensións que indican os planos e con elo obténse unha altura sobre o río de 3’00 ms., suficiente para que non alcancen á ponte as augas.

O orzamento total das obras ascende a 4.972,75 pts.

O complicado proceso burocratico inicouse coa súa publicación no Boletín Oficial da provincia o 9 de xullo de 1932 e posterior exposición ao público durante 30 días no taboleiro de anuncios do Concello de Rubiá ” no habiéndose formulado contra el mismo reclamación alguna”, segundo indica o Sr. Alcalde de Rubiá -Dn. Miguel Delgado- e certifica o 18 de agosto de 1932, o sr. Secretario do citado concello -Dn. Manuel Martínez Martínez-.

Exposición pública que, tamén, se fixo na Xefatura Provincial de Obras Públicas de Ourense, según certifica o 10 de setembro de 1932 o seu enxeñeiro xefe Dn. Juan González Piedra e ante a ausencia de alegacións o 21 de xuño de 1935 procedeuse a levantar a correspondente Acta de replanteo e confrontación do proxecto por parte de Dn. Vicente Luaces de Cañedo, enxeñeiro de camiños e Dn. Manuel A. Celorio Espinosa, axudante de obras públicas, “ambos afectos ao servizo do Estado na Delegación dos Servicios Hidráulicas do Miño”.

O equipo do Sr. Luaces de Cañedo indica que “a nuestro juicio el puente esta bien proyectado, siendo en efecto necesario y conveniente su establecimiento habida cuenta los beneficios que reportarán al vecindario. Tambien estimamos aceptable la tarifa propuesta”.

 

Outra imaxe antiga da pasarela de Quereño (Rubiá).

 

Así as cousas, desde a cidade de Oviedo, o 26 de xullo de 1935 propoñen a aprobación do proxecto autorizando a solicitude con arranxo ás seguintes condicións:

“Primera.- Las obras se jecutaran con arreglo al proyecto. Segunda.- Se conceden los terrenos de dominio público necesarios para las obras. Tercera.- Las obras se empezarán en el plazo de dos meses y quedaran terminadas en el plazo de un año. Cuarta.- Las obras estaran bajo la inspección y vigilancia de la Jefatura de Aguas de la Delegación de los Servicios Hidráulicos del Miño. Quinta.- El depósito constituido -el 1% del valor de la obra- quedara como fianza para responder del cumplimiento de estas condiciones. Sexta.- Los concesionarios quedan obligados al cumplimiento de las disposiciones vigentes sobre proteccion a la industria nacional. Séptima.- Esta autorización se otorga salvo el derecho de propiedad, sin perjuicio de tercer, y á título precario. Octava.- Los concesionarios quedan obligados a conservar las obras en buen estado. Novena.- Se autoriza la imposición de la tarifa de pasaje de 0’20 pts. por persona y paso de circulación. Décima.- Caducará ésta concesión por incumplimiento de éstas condiciones por parte de los concesionarios y en los casos previstos en las disposiciones vigentes.”

Sen embargo, por diversas cuestións, o proceso burocrático non finaliza ata o 20 de xuño de 1938 en que se publica a devandita resolucción no BOP e a comunicación oficial aos interesados -Dn. Víctor López y Dn. Ramiro López Gómez- de tal acordo o 1º de xullo de 1938 segundo notificación do daquela alcalde de Rubiá Dn. Segundo Caneda.

Pero se longo e prolixo foi o proceso burocrático para conseguir a construción, moito máis rápido foi o proceso de construción -de feito construíse antes de que se iniciase o papeleo- e así en apenas un ano, 1930-31, con materiais -cables e tea metálica- servidos pola Empresa “Forjas Guelda” de Santander e baixo a atenta mirada do enxeñeiro alemán Dn. Jacobo Hoelch, que a deseñou e a experta man do mestre canteiro Joaquín Toirán -de Vilardesilva- e seu axudante Primitivo González -de Pardollán- termináronse as obras e púxose de inmediato ao servizo público.

Servizo público que prestou de forma ininterrompida ata 1973 en que ao construírse a ponte do Medal caeu en desuso ata chegar ao abandono total en que está na actualidade.

Bo sería que as autoridades públicas, sobre todo o Concello de Rubiá, tomasen cartas no asunto e en colaboración coa Confederación Hidrográfica se elaborase un proxecto de recuperación e consevación, non só da pasarela, senón de todo o seu entorno -praia fluvial, porto da barca, pasarela, merendeiro público, beiras do río, etc.- de cara a crear un espazo agradable para uso e desfrute de todos os veciños.

Texto: Antonio Castro Voces
Fotos: Arquivo de Antonio Castro Voces.

Máis información:
https://osil.info/quereno-rubia-e-a-sua-barca/

Artigos relacionados

Back to top button