ConcellosO BarcoÚltima hora

A pata que fixo o seu niño no maceteiro dunha terraza da zona vella do Barco xa incuba os seus 12 ovos

 

Ata doce ovos poñía a pata que escollía como lugar seguro para o seu niño un maceteiro dunha terraza dun veciño da zona vella do Barco que dá ao río Sil. A súa última posta facíaa o pasado venres, 22 de marzo. Agora esta ave está a incubar os seus ovos, mentres este veciño procura, con mimo, que se senta tranquila e cómoda.

Ademais, de cando en cando, tamén a pata volta ao río e dende a mesma terraza bótalle anaquiños de pan. Con ilusión espera este veciño que a ave poida sacar adiante os seus ovos e que, dentro de 21 días, poidan saír deles as crías.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button