EconomíaEconomíaÚltima hora

A Praza do Abastos do Barco acolle este sábado a campaña “Quere o teu mercado”

Degustación anterior na Praza de Abastos do Barco con motivo desta campaña./ Foto: A.R.

 

Este sábado 25 de maio celébrase a campaña de “Quere o teu mercado” na Praza de Abastos do Barco. Trátase dunha campaña realizada polos concellos e a Xunta de Galicia. “No caso da do Barco, a Xunta aporta agasallos para os clientes e o Concello organiza as actividades e tamén entregará bolsas rotuladas para que todos os praceiros as entreguen aos clientes”, segundo informa o Concello.

As actividades son as seguintes:
De 11 a 12 da mañá: “Kote Malabar”. Circo de rúa, con teatro de malabares e moito humor.

De 11 da mañá ata o peche: Petiscos no mercado. Degustación de pratos elaborados con produtos que se venden na praza de Abastos.

 

Artigos relacionados

Back to top button