ConcellosÚltima hora

A provincia rexistra nesta madrugada 3 accidentes de tráfico relacionados con xabaríns

Publicidade
Imaxe de arquivo dun accidente relacionado cun xabarín.

 

Durante esta madrugada producíanse ata tres sinistros vinculados con xabaríns en estradas da provincia de Ourense, tal e como rexistraba a Sala do 112 Galicia.

“Sobre as sete desta mañá, na provincia de Ourense, contabilizáronse tres sinistros máis con xabaríns implicados, un na OU-113 en Castrelo do Val e dous en San Cibrao das Viñas, na OU-0517 e OU-0516, respectivamente. En ningún dos casos houbo que lamentar danos persoais”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button