SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra un novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller 91 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que falecía o 20 de decembro.

Ademais ese mesmo día perdían a vida en Galicia outras catro persoas:  un home de 48 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 95 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 90 anos no Hospital do Salnés e unha muller de 76 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

As cinco persoas falecidas presentaban patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button