CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Real Filharmonía fai un chamamento a coros galegos para actuar nun concerto participativo en decembro

As formacións interesadas poderán inscribirse entre o 6 e o 15 de setembro

 

A Real Filharmonía de Galicia celebrará o vindeiro 21 de decembro no Auditorio de Galicia, dentro da súa temporada “Migracións”, un concerto participativo que levará por nome ‘CANTAMOS!’ no cal poderán cantar coros galegos.

O galego Javier Fajardo será o director nun espectáculo no que o coro Orfeón Terra A Nosa actuará como coro de escenario. No programa do concerto interpretarase a Misa na Honra do Apóstolo Santiago do compositor Juan Montes e a panxoliña Merry Christmas Beethoven, de Juan Durán.

Para poder participar, os coros interesados poderán inscribirse no proxecto entre os días 6 e 15 de setembro cubrindo unha ficha e enviándoa ao correo info@rfgalicia.org. Dito formulario estará dispoñible na web da orquestra, rfgalicia.org.

Entre os coros inscritos farase unha selección atendendo ao equilibrio das cordas de cada coro e a súa traxectoria. Esta escolla será anunciada o 18 de setembro e terá un máximo de 120 coristas. Previamente ao concerto participativo estableceranse tres ensaios dirixidos polo director Javier Fajardo o 5 de novembro e 17 e 20 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button