ConcellosÚltima hora

A Rebusca organizará unha xincana terrorífica en Manzaneda para celebrar o Samaín

 

Os cativos serán sen dúbida os principais protagonistas dos actos cos que a Asociación A Rebusca de Manzaneda celebrará a tradición do Samaín a partires das 18h. do 31 de outubro. “Imos facer unha gincana terrorífica para os máis pequenos pola vila de Manzaneda, que rematará no local cun magosto no que participarán pequenos e maiores, só fai falta anotarse”, explican dende esta entidade cultural.

Esta actividade acostuma ter moita aceptación entre os pequenos xa que inclúe “probas de enxeño e tamén pegañentas e arrepiantes”, adiantan dende A Rebusca.

Despois entrada a noite como é tradición na zona de Manzaneda farase a “a castronada” e “os nenos acompañados dos maiores adicarémonos a facer trasnadas”, adiantan dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button